Sunday 05 de May de 2024

O Concello, a Asociación QuerENDO e a Asociación de Empresarios de Miño presentan unha nova campaña de difusión sobre a endometriosis


O Concello de Miño, en colaboración coa Asociación QuerENDO.Mujeres con Endometriose e a Asociación de Empresarios de Miño, acaba de presentar unha nova campaña de difusión da endometriosis.

Esta iniciativa inclúe a disposición de autocolantes nos baños femininos dos locais hostaleiros, os edificios públicos e os centros escolares do municipio cos que se pretende concienciar sobre a doenza e a súa detección preventiva.

A campaña conta co lema # stopENDOMETRIOSE e faise extensible nas redes a través do portal web www.querendo.eu. Trátase dunha nova colaboración coa Asociación QuerENDO, entidade coa que xa se organizaron difusións de material informativo e que tamén contou cun posto informativo no I Trail Concello de Miño.